O Concello de Cabanas actualiza a súa imaxe corporativa

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de estrear nova imaxe corporativa, co obxectivo de facer máis efectiva a identificación do Concello e a súa comunicación, unificando nunha única marca os diferentes elementos visuais que se viñan empregando até o de agora.

O novo símbolo inspírase no escudo heráldico de Cabanas (que segue sendo oficial para usos específicos), simplificándoo nunha versión mínima e efectiva. Conserva as árbores e as ondas, que referencian a combinación de espazo verde (a fraga, o Piñeiral…) e a auga (o mar, os ríos…), así como as sete estrelas que representan as sete parroquias.

O uso desta nova imaxe vén regulado no Regulamento de Identidade Visual Corporativa, aprobada polo pleno do pasado 31 de marzo.

Share.

Comments are closed.