Sábado, Abril 20

O Concello de Cabanas abre o prazo de solicitudes para novas axudas a persoas autónomas e microempresas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas pon a disposición das traballadoras autónomas e das microempresas 46.642 euros a través do plan PEL-Reactiva da Deputación da Coruña. Estas axudas están destinadas a paliar as perdas económicas producidas pola declaración do estado de alarma e a limitación ou cese da actividade.

Tal e como se recolle no anuncio da convocatoria, publicado hoxe no BOP, o prazo para a solicitude destas axudas arrinca mañá, e ten como data límite as 14h do próximo 25 de novembro.

As potenciais beneficiarias optarán a axudas que van desde os 1.500 euros, para casos sen traballadoras ao cargo, até os 3.000 euros no caso de autónomas ou microempresas con até 9 traballadoras ao cargo.

Ademais, estas axudas son compatíbeis con calquera outra concedida por entidades públicas e persoais, sempre que o importe total das axudas precividas polo mesmo concepto non supere o custe total dos gastos subvencionábeis polas presentes axudas, e até un máximo de 40.000 euros.

Máis información | Documentación e modelos a presentar.

Descarga | Anuncio no BOP

Share.

Comments are closed.