O Club Montaña de Ferrol organiza a “I Andaina Costa de Bezoucos”, un percorrido pola costa de Cabanas, Fene, Ares e Mugardos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Club Montaña de Ferrol organiza o próximo 22 de abril a “I Andaina Costa de Bezoucos”, un percorrido de 30 quilómetros pola costa dos concellos de Cabanas, Fene, Ares e Mugardos, no que colaboran os catro concellos polos que pasa a ruta.

Malia que a saída da camiñada será desde Cabanas, o punto de encontro será no Seixo, onde as persoas participantes poderán deixar os seus vehículos. Aló recibirán o dorsal,  indicacións para o desenvolvemento da actividade, e un mapa cos puntos marcados do itinerario e outra información de interese. Posteriormente, a organización desprazará en autobuses ás persoas participantes até o areal da Madalena, lugar de partida da andaina.

Desde a Madalena, o percorrido da ruta seguirá o sendeiro da costa, pasando por Chamoso e Río Castro, para posteriormente avanzar un treito do concello de Fene até chegar á vila de Redes. A ruta seguirá percorrendo a costa de Ares até Chanteiro e posteriormente Mugardos, para finalizar no punto de encontro, no Seixo. O trazado completo, de 30 quilómetros, destaca polo seu gran valor paisaxístico.

Información relevante:

  • Para participar é necesario ser maior de 18 anos (ou 16 con autorización), e inscribirse previamente.
  • As inscricións estarán abertas até o 19 de abril (información de como facelo máis abaixo)
  • O horario de saída dos buses desde O Seixo será ás 9.00h, pero é preciso estar 20 minutos antes por motivos de organización.
  • Unha vez feita a inscrición, a organización non admite devolucións.
  • Aquelas persoas que unha vez iniciada a andaina decidan abandonala, deben obrigatoriamente poñerse en contacto con algunha persoa da organización.
  • Haberá 3 puntos de avituallamento, con bebidas e froita (Ares, Chanteiro e Mugardos)
  • É imprescindíbel levar unha mochila pequena para levar líquidos, comida, alimentos…
  • É imprescindíbel levar calzado cómodo e xa usado, con calcetíns que non se movan e asenten ben os pés.
  • Haberá puntos de recollida de lixo en todas as paradas de avituallamento
  • É imprescindíbel facilitar o número de DNI para o seguro.
  • A dificultade da ruta é media, o esforzo físico grande.

Inscricións

As inscricións poden facerse dalgún dos seguintes xeitos:

  • Presencialmente. No local do Club Montaña Ferrol (Rúa Coruña 102, 1º dereita, Ferrol) – 981 355 869. Os luns, mércores e venres, de 19.30 a 21.30 horas.
  • Por correo electrónico marchascmf@gmail.com. Debendo enviarse os datos da ficha de inscrición e o recibo do pago escaneado
  • NON se admiten inscricións por teléfono ou fax

As persoas federadas, deben enviar copia da tarxeta federativa de montaña.

A inscrición implica o pago da cota de participación, que inclúe o autobús, avituallamentos e unha póliza de seguros de accidentes coa empresa MAPFRE.

  • 20 € (persoas non socias)
  • 17 € (persoas socias)
  • Desconto de 2 € para persoas federadas en montaña.
  • Desconto de 3 € para socios do Club, anteriores ao 31/12/2022

Os pagos poden facerse mediante transferencia bancaria nalgunha destas contas

  • Kutxa ES82 2095 5489 1810 6413 3597
  • ABANCA ES80 2080 0200 4630 4008 4038

Enlaces e descargas de interese | Aparcadoiro recomendado | Club Montaña Ferrol | Folleto informativo (pdf)

Share.

Comments are closed.