Martes, Setembro 27

O CIMM de Cabanas acolle a exposición “Cultura Oceánica” até o 30 de agosto

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) de Cabanas acolle a exposición “Cultura Oceánica” que poderá visitarse, no horario habitual de funcionamento do centro, até o vindeiro 30 de agosto.

A exposición, que forma parte das exposicións itinerantes do Centro de Extensión Universitaria e Educación Ambiental de Galiza (CEIDA), ten carácter divulgativo e o obxectivo de sensibilizar ao público respecto da relación mútua entre o Océano e o ser humano.

A través de 12 paneis de gran formato, as visitantes poderán coñecer como inflúe o Océano no funcionamento do Planeta, a diversidade que alberga e a relación que os seres humanos temos co mar desde hai milenios.

O CIMM é un proxecto impulsado pola área de medio ambiente do Concello de Cabanas, e conta con financiamento de fondos FEMP a través do GALP Golfo Ártabro Norte. Pode visitarse de 9 a 15h de martes a xoves, e de 11 a 14h e de 15 a 18h de venres a domingo.

Share.

Comments are closed.