O BOP anuncia a liña de axudas a persoas autónomas afectadas pola crise da COVID-19

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Tal e como se anunciou días atrás, o Concello de Cabanas anuncia que destina 40.000 euros a unha primeira liña de axudas destinadas ás persoas autónomas que tiveron que cesar a súa actividade o 13 de marzo como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19.

As persoas que cumpran cos requirimentos (estar de alta no IAE e desenvolver a actividade subvencionábel en Cabanas, ademais de estar ao corrente das obrigas tributarias), poden optar a unha axuda máxima de 600 euros, que poden ser destinados a cubrir gastos como o alugueiro do local da actividade, gastos de xestoría, cotas da seguridade social ou nóminas de empregadas por conta allea.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días, a contar desde mañá, 4 de xuño. No BOP anexo a este artigo pode consultarse a convocatoria completa.

Descargas: Modelo de solicitude e modelo de declaración xurada

Formato PDF

Share.

.