Domingo, Xuño 23

O autor Xavier Alcalá e o editor e ilustrador Manel Cráneo participaron no club de lectura

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

As persoas que participaron na última reunión do Club de Lectura do Concello de Cabanas, correspondente ao mes de maio, tiveron a fortuna de contar coa presenza de Xavier Alcalá, autor de A nosa cinza, clásico da literatura galega, e do editor e ilustrador Manel Cráneo, quen adaptou a novela de Xavier Alcalá á banda deseñada (Cinza). O Concello de Cabanas quere agradecer a ambos a súa participación, así como a súa predisposición na sinatura de exemplares.

Cinza é a adaptación de Manel Cráneo do long-séller A nosa cinza, , de Xavier Alcalá. Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai, fillo de médico e de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, Xoán vai medrando. Os anos de escola e instituto marcan a transición de neno inocente a mozo. Trátase dunha obra universal e atemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, a relixión e a dureza dun réxime totalitario.

O Club de Lectura está organizado pola Área de Cultura do Concello de Cabanas. Trátase dunha actividade que se realiza de maneira presencial, e as persoas participantes reúnense, normalmente, o último venres de cada mes na Escola Laica (Casa da Cultura), ás 17:00 horas, para comentar e valorar as lecturas propostas tanto pola Animadora cultural, como polas persoas que participan nel. É unha actividade pensada para persoas con inquedanzas culturais, vontade de ler e que queiran expresar as súas opinións sobre as lecturas propostas.

Como cada mes se propón unha lectura, se algunha persoa está interesada en participar só ten que poñerse en contacto coa Animadora cultural, ben de maneira telefónica (981 495 959, ext.3), ou ben por correo electrónico (cultura@cabanas.gal) para obter máis información e/ou anotarse.

 

[ES]

Las personas que participaron en la última reunión del Club de Lectura del Concello de Cabanas, correspondiente al mes de mayo, tuvieron la fortuna de contar con la presencia de Xavier Alcalá, autor de A nosa cinza, clásico de la literatura gallega, y del editor e ilustrador Manel Cráneo, quien adaptó la novela de Xavier Alcalá a la banda diseñada (Cinza). El Concello de Cabanas quiere agradecer a ambos su participación, así como su predisposición en la firma de ejemplares.

Cinza es la adaptación de Manel Cráneo del long-séller A nosa cinza, de Xavier Alcalá. Cuenta la vida de Xoán, un chico criado durante la dictadura franquista, huérfano de madre, hijo de médico y de familia galleguista. Durante diez cursos escolares en la ciudad, con vacaciones en la aldea, que se va convirtiendo en un lugar de moda para el veraneo, Xoán va creciendo. Los años de escuela e instituto marcan la transición de niño inocente a chico. Se trata de una obra universal y atemporal llena de referencias por los temas que la vertebran: la muerte, el sexo, la amistad, la religión y la dureza de un régimen totalitario.

El Club de Lectura está organizado por el Área de Cultura del Concello de Cabanas. Se trata de una actividad que se realiza de manera presencial, y las personas participantes se reúnen, normalmente, el último viernes de cada mes en la Escuela Laica (Casa de la Cultura), a las 17:00 horas, para comentar y valorar las lecturas propuestas tanto por la Animadora cultural, como por las personas que participan en él. Es una actividad pensada para personas con inquietudes culturales, voluntad de leer y que quieran expresar sus opiniones sobre las lecturas propuestas.

Como cada mes se propone una lectura, si alguna persona está interesada en participar solo tiene que ponerse en contacto con la Animadora cultural, bien de manera telefónica (981 495 959, ext.3), o bien por correo electrónico (cultura@cabanas.gal) para obtener más información y/o anotarse.

Share.

Comments are closed.