O autobús do programa “Coidados porta a porta” visitará Cabanas os días 20, 23 e 24 de maio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que o autobús do Programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galiza visitará Cabanas os días 20, 23 e 24 de maio, para ofrecer de maneira gratuíta servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación de memoria ás persoas de Cabanas maiores de 55 anos.

Durante a súa estancia en Cabanas, o autobús estará situado diante da Casa do Concello, e para ser atendido é necesario solicitar cita previa chamando ao 622 748 283 ou por correo electrónico en coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal.

O programa de “Coidados porta a porta” levarase a cabo durante os anos 2022 e 2023, e durante este período visitará Cabanas un total de tres ocasións. O seu obxectivo é achegar á veciñanza servizos como a revisión e valoracións auditivas, ou a atención podolóxica para a prevención, diagnose e tratamento das principais doenzas e patoloxías dos pés.

Share.

Comments are closed.