O alumnado – traballador do Obradoiro de Emprego Reinicia VII inicia a súa formación práctica nas dúas especialidades

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que no día de onte iniciáronse as prácticas profesionais das dez persoas que se forman no certificado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, no obradoiro de emprego Reinicia VII que se está a desenvolver como unha colaboración dos concellos de Cabanas, Ares, Fene, Mugardos e Neda.

O alumnado – traballador incorporouse en prácticas aos Centros de Día de Atención a Persoas Maiores de Ares, Caranza (Ferrol) e Esteiro (Ferrol), do Consorcio de Igualdade e benester.

Terán unha duración de 578 horas, durante máis de catro meses, nos que porán en práctica en entorno real de traballo as competencias profesionais teóricas e teórico-prácticas adquiridas durante os catro meses anteriores, desde o 28.12.2020 no que se iniciou o obradoiro.

Por outra parte, o alumnado-traballador da especialidade de Traballos de Carpintería e Moble do obradoiro xa iniciaron as súas prácticas profesionais desde o mes de marzo. As dez persoas que seguen esta formación están a desenvolver traballos e obras de utilidade pública.

O obxectivo do programa de obradoiros é mellorara a empregabilidade das persoas participantes, que teñen un contrato de formación e aprendizaxe e que, ao finalizar o período formativo coa obtención do Certificado de Profesionalidade da especialidade realizada, estarán en condicións de incorporarse ao mercado laboral cunha formación e esperiencia acreditadas.

Foto: Concello de Ares.

Share.

Comments are closed.