O alumnado do CEIP Eladia Mariño visitou a Casa do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa do Concello de Cabanas acolleu esta mañá a visita do alumnado do CEIP Eladia Mariño, unha actividade enmarcada dentro da programación escolar de coñecemento do entorno e da administración local. En concreto acudiron á visita as alumnas e alumnos dos ciclos de infantil, ademais de primeiro e segundo curso de primaria.

Durante a visita, as nenas e nenos foron recibidas polo persoal municipal e o goberno, que os acompañaron no seu percorrido polas diferentes estancias para coñecer o funcionamento das diferentes áreas e os traballos que se desenvolven en cada unha delas.

A visita do alumnado do CEIP ao Concello rematou no Salón de Plenos, onde compartiron co goberno algunhas das súas demandas e inquedanzas, ademais de simular unha votación a man alzada.

Share.

Comments are closed.