O 10 de xullo celebrarase o II Aberto de Billarda de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O domingo 10 de xullo, ás 11.00 horas, o antigo campo de fútbol do Piñeiral da Madalena acollerá o II Aberto de Billarda, unha xornada aberta a todas aquelas persoas interesadas en practicar este deporte ou coñecelo de maneira práctica.

As persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través do correo deporte@cabanas.gal indicando o nome e apelidos e DNI, aínda que as inscricións estarán abertas até esa mesma xornada no lugar de realización da actividade. Trátase dunha actividade gratuíta.

No caso de choiva, a actividade trasladarase ao Pavillón de Lavandeira.

Share.

Comments are closed.