Novo servizo de atención psicolóxica a disposición da veciñanza

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de servizos sociais, informa da posta en marcha dun novo servizo de atención psicolóxica municipal.

Este servizo está a disposición de toda a veciñanza, co obxectivo principal de acadar unha mellora na calidade de vida e un maior benestar psicolóxico dentro do marco de intervención comunitaria.

O horario de atención deste servizo será preferentemente os luns, martes e venres de 9 a 15 horas. Aquelas persoas interesadas poden solicitar unha cita ou máis información a través do correo servizos.sociais@cabanas.gal ou no teléfono 981 495 959 (ext. 2).

 

Share.

Comments are closed.