O pasado sábado a Xunta publicou unha revisión das medidas establecidas en relación coa pandemia da COVID-19, que entraron en vigor esta madrugada. Entre outras cousas, descatan as seguintes:
- Tabaco / cigarros electrónicos. Só se permite fumar en espazos ao aire libre, mais unicamente cando se garanta unha distancia de seguridade de 2 metros.
- Establecementos de hostalería. Deberán asegurar a distancia entre a clientela, na barra e nas mesas. Ademais, establécese un máximo de 10 persoas por mesa, e deberán pechar á 01.00 h, non podendo permitir o acceso a nova clientela desde as 00.00 h.
- Locais de lecer nocturno. Permanecerán pechadas.
- Reunións privadas. En reunións privadas enter persoas non convivintes, en espazos abertos e pechados, recoméndase a lmitación a 10 persoas, así como usar máscara e manter as condicións de seguridade e medidas de hixiene.
Consulta | DOG nº 164.