Novas liñas de axuda para o fomento do emprego xuvenil e a creación de empresas por menores de 30 anos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa das liñas de axuda postas en marcha pola Deputación da Coruña, a través dos programas PEL-Relevo e PEL-Rurinnova 2021, para o impulso do emprego e a posta en marcha de novos proxectos empresariais en concellos rurais, do que se poden beneficiar mozas e mozos de Cabanas de até 30 anos.

Ambos programas teñen como obxectivo loitar contra o declive demográfico nas áreas rurais, garantindo o relevo xeracional. O programa PEL-Relevo conta cun orzamento de 498.000 euros, e permitirá subvencionar a contratación de mozas e mozos menores de 30 anos nas empresas e microempresas de concellos coma o de Cabanas, mentres que a liña PEL-Rurinnova adica 554.400 euros para o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais por parte da mocidade menor de 30 anos.

Descarga | Bases PEL-Relevo | Bases PEL-Rurinnova

Share.

Comments are closed.