Nova plataforma de recollida de datos turísticos da Comarca do Eume

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O alcalde de Cabanas, Fernando Couce, asistiu esta mañá á presentación da nova plataforma que permitirá que os concellos da comarca do Eume recollan datos turísticos de maneira unificada e en tempo real sobre as persoas turistas e visitantes que chegan á comarca.

A presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume, contou coa presencia do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e do deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernárdo Fernández; así como tamén de representantes dos demáis concellos: Emilio Riobó e Verónica Calvo, de A Capela; Elena López, de As Pontes; e Alberto Cortizas, de Monfero.

A empresa creadora da plataforma, Data Monitoring, explicou que a plataforma permitirá tanto ás empresas como ás administracións públicas, adaptar a súa oferta ás demandas e necesidades, así como planificar as accións de promoción.

Esta iniciativa, enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino «Fragas do Eume», está promovido pola Deputación da Coruña e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

[ES]

El alcalde de Cabanas, Fernando Couce, asistió esta mañana a la presentación de la nueva plataforma que permitirá que los concellos de la comarca del Eume recojan datos turísticos de manera unificada y en tiempo real sobre las personas turistas y visitantes que llegan a la comarca.

La presentación, que tuvo lugar en la Casa de la Cultura de Pontedeume, contó con la presencia del vicepresidente de la Deputación da Coruña, Xosé Regueira, y del diputado provincial y alcalde de Pontedeume, Bernárdo Fernández; así como también de representantes de los demás concellos: Emilio Riobó y Verónica Calvo, de A Capela; Elena López, de As Pontes; y Alberto Cortizas, de Monfero.

La empresa creadora de la plataforma, Data Monitoring, explicó que la plataforma permitirá tanto a las empresas como a las administraciones públicas, adaptar a su oferta las demandas y necesidades, así como planificar las acciones de promoción.

Esta iniciativa, enmarcada en el Plan de Sostenibilidad Turística en Destino «Fragas do Eume», está promovido por la Deputación da Coruña y financiado con fondos del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.

Share.

.