Nova edición do programa de Envellecemento Activo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de servizos sociais, informa dunha nova edición do programa de Envellecemento Activo, un espazo de encontro e participación das persoas maiores.

Entre os obxectivos da actividade están o fomento da participación activa en actividades saudábeis, a estimulación cognitiva e a prevención do illamento social coa promoción das relacións interpersoais.

As actividades terán lugar no Local das Viñas, todos os martes en horario de 11 a 12.30 h., a partir do 9 de novembro, contando con transporte gratuíto.

Na SCDR de Laraxe a actividade terá lugar todos os venres, en horario de 17 a 18.30 h, a partir do venres 12 de novembro.

Os requisitos para participar son ter cumpridos os 55 anos ou informe emitido polo departamento de Servizos Sociais. Cubrir ficha de inscrición e asinar declaración COVID-19 antes do inicio da actividade.

Para inscribirse é preciso dirixirse ao: 981 495 959 (ext. 2), 674 276 022 ou ao correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal.

Share.

Comments are closed.