Nova edición do Programa de Acompañamento Emocional á Mocidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os Concellos de Cabanas e Pontedeume informan que durante este curso escolar reiníciase o programa de acompañamento emocional á mocidade, no marco do Proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas no eido local dos concellos de Pontedeume e Cabanas.

Trátase de intervencións individualizadas para acompañar á mocidade creando espazos de bo trato  crecemento persoal, co obxectivo de identificar e derivar posíbeis situacións que precisan acompañamento individualizado, con base na terapia familiar sistémica e na educación emocional cunha perspectiva holística da persoa.

Tamén existe a posibilidade de levar a cabo intervencións grupais entre perfís semellantes ou con algún grupo, sempre coa finalidade de mellorar o traballo individual centrado na persoa.

Máis información:

Concello de Cabanas |981 495 959 (ext. 6) |servizos.sociais@cabanas.gal

Concello de Pontedeume| 981 433 288 |servizossociais@pontedeume.gal

Share.

Comments are closed.