Sábado, Outubro 23

Nova cita co teatro este sábado en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Este sábado, 9 de outubro ás 19h, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Cabanas acollerá a representación da obra “Don Pero el Emparedado”, dentro do ciclo “Sábados Teatrais” que se está a desenvolver ao longo deste mes de outubro.

A trama da obra desenvólvese no Reino da Urraca, onde ten lugar unha historia de traicións e un “xogo de tronos”. Trátase dunha comedia representada polo Grupo de Teatro “Donas de Amistad”, dirixida por Celsa Sabín e coa actuación de Ángeles Fernández, Ángeles López, Ángeles Porto, Celi Gabiola, Finuca Real, Isabel parada, Laura Barro, Macamen Fernández, Marisa Real e María Viñas.

O aforo estará limitado polas restricións sanitarias, e para participar é necesario realizar inscrición previa no correo cultura@cabanas.gal, onde se debe indicar o nome e apelidos, número de teléfono e localidade de procedencia. De quedar prazas libres, permitirase o acceso libre até completar o aforo.

As seguintes representacións do ciclo de teatro “Sábados Teatrais” serán as da obra “Amén”, de Teruca Bouza (Sociedad Amigos del Paisaje Gallego) o sábado 16 de outubro e “Castrapo”, da compañía Os Náufragos Teatro, o 30 de outubro.

Share.

Comments are closed.