Sábado, Outubro 23

Nota informativa sobre as actividades culturais, musicais e deportivas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través das áreas de cultura e deporte, informan de que se está a traballar na organización das actividades culturais, musicais e deportivas, tanto para menores como para adultos, do curso 2021 – 2022.

O prazo de inscrición abrirase no vindeiro mes de outubro, nunha data que se fará pública proximamente, para iniciar as actividades a partir do mes de novembro.

Antes de abrir o prazo de inscrición publicarase a información na páxina web e redes sociais do concello de Cabanas, indicando as actividades e horarios orientativos, así como o procedemento e a documentación necesaria para inscribirse.

O proceso de incrición realizarase por rigorosa orde de rexistro de entrada, abrindo un prazo primeiro para as persoas empadroadas en Cabanas e un segundo prazo para aquelas de outros concellos interesadas en asistir ás devanditas actividades.

Share.

Comments are closed.