O Concello de Cabanas, no marco do proxecto de acompañamento emocional ás familias «Embarcas?», vén de lanzar en coordinación co Centro de Saúde de Pontedeume a campaña «Navegación Segura.»
Navegación Segura é unha acción para promover o autocoidado das familias, así como a seguridade e a protección da veciñanza en xeral desde unha perspectiva local e familiar.
A campaña consiste nunha serie de videos sinxelos e naturais onde María Fresco Torrente, traballadora social do centro de saúde, explica cuestións de interese para as familias como os cambios provocados pola aparición da COVID-19 nos protocolos do centro, a necesidade de utilizar máscaras en tódalas idades desde os 2 anos e utilizalas de maneira correcta ou como facer un lavado de mans axeitado.
Podedes acceder aos vídeos nesta ligazón.