Domingo, Setembro 26

Mercado de segunda man na fin de semana do 14 e 15 de agosto

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a celebración do mercado de segunda man, que terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de agosto no Paseo da Madalena.

As persoas interesadas en participar poderán instalar os seus postos directamente, sen necesidade de inscrición previa, cumprindo con todas as medidas de seguridad en canto á prevención da Covid-19 (distancias, uso de máscara e xel hidroalcohólico…) e a normativa municipal, que establece a necesidade de respectar os accesos ao Piñeiral e outros elementos do mobiliario urbano ou a prohibición de estacionar vehículos sobre o Paseo.

En canto aos horarios, permítese a montaxe dos postos entre as 08:00 e as 11:00 horas, e a desmontaxe a partir das 20.00 horas.

Share.

Comments are closed.