Sábado, Agosto 20

Mercado de segunda man a fin de semana do 13 e 14 de agosto

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a celebración do mercado de segunda man, que terá lugar na fin de semana do 13 e 14 de agosto ao longo do Paseo da Madalena.

As persoas interesadas en participar poderán instalar os seus postos directamente, sen necesidade de inscrición previa nin reserva de espazo, cumprindo a normativa municipal, que establece, entre outras, a necesidade de respectar os accesos ao Piñeiral e outros elementos do mobiliario urbano como bancos ou papeleiras, así como a prohibición expresa de estacionar vehículos sobre o Paseo Marítimo.

En canto a horarios, permítese a montaxe dos postos entre as 08.00 e as 11.00 horas, e a desmontaxe a partir das 20.00 horas.

Share.

Comments are closed.