Medidas excepcionais de redución de consumo de auga

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas emitiu este martes un bando asinado polo alcalde, Carlos Ladra Brage en que se adoptan unha serie de medidas excepcionais de redución de consumo de auga do abastecemento municipal por causa da escaseza de auga das súas captacións.

Estas medidas están dirixidas a asegurar o aforro da auga, así como o uso responsable deste recurso tan prezado. O Concello restrinxe desde hoxe martes a auga nas duchas públicas das praias, así como das fontes.

O Concello solicita a colaboración cidadá para evitar nos próximos días ou semanas restricións máis severas. As recomendacións son as seguintes:

• Ter especial coidado na detección de fugas e avarías

• Prohibise ou uso de auga potable para enchido de piscinas, regas, baldeos, limpeza de fachadas e vehículos, etc…

• Tomar medidas que supoñan un aforro dos escasos recursos dispoñibles.

• Instar as empresas e industrias a minimizar o consumo e o un uso razoable da auga do abastecemento municipal, tendo en conta que o uso prioritario é o do abastecemento á poboación.

O Alcalde informa que polo momento o uso de auga potable esta garantido, pero de non reducir o consumo nos próximos días poderanse tomar medidas restritivas máis severas.

Descarga | Bando

Share.

Comments are closed.