Unha vez iniciadas as actividades culturais e deportivas, o Concello de Cabanas fai balance das mesmas, destacando a participación dun total de 319 usuarias, 191 adultas e 128 menores, con idades comprendidas entre os 4 e os 81 anos.
No que ten que ver coas persoas adultas, as actividades deportivas suman 136 participantes, con especial relevancia do ioga, pilates e as diferentes modalidades de ximnasia (pélvica ou terapéutica), mentres que as actividades culturais acollen a 55 persoas, destacando corte e confección, con tres grupos que suman 28 usuarias en total.
Pola súa banda, na rapazada as actividades deportivas acollen a 75 persoas, destacando as 24 usuarias de patinaxe, mentres que 55 menores acoden a algunha actividade cultural, onde prevalecen teatro e xadrez.
Escola de Música
Ademais das actividades culturais e deportivas, Cabanas tamén conta cunha Escola de Música, a través da cal desenvólvense clases de música e movemento para crianzas desde os 3 anos, aprendizaxe de instrumentos musicais desde cero para todas as idades, e clases colectivas de música de cámara, coro, linguaxe musical e solfexo.
Desde a Escola de Música lembran que para participar, o máis importe é ter gusto pola música, para poder potenciar a aprendizaxe de forma lúdica de cuestións como o ritmo, as notas, os instrumentos e os bailes. Tamén se ofrecen clases de apoio ás ensinanzas regaladas e oficiais de música dos conservatorios.