Martes, Novembro 30

Lectura de poemas no acto institucional conmemorativo do 25N

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Cabanas acollerá este xoves, 25 de novembro, o acto institucional polo Día para a Eliminación da Violencia Contra a Muller, que se celebra co baixo o lema “Maior sororidade e máis saúde”.

Será a partir das 18 horas cando varias mulleres de Cabanas dean lectura a unha selección de poemas enmarcados dentro da campaña De Fronte da Deputación da Coruña, e tamén ao manifesto co que o Concello de Cabanas pon en valor esta xornada reivindicativa.

A actividade forma parte dun amplo abano de actividades que inclúen obradoiros e conferencias ao longo dos meses de novembro e decembro en diferentes lugares do concello, entre as que se inclúe a presentación e proxección do documental “O valor do non contado” o próximo sábado 27 ás 19h, tamén no Salón de Plenos. Trátase dunha peza audiovisual realizada polo Concello de Cabanas e no que participan mulleres cabanesas que acudiron aos obradoiros organizados pola concellaría de igualdade.

O programa completo da campaña polo 25N en Cabanas pódese consultar na páxina web cabanas.gal.

Share.

Comments are closed.