Martes, Novembro 30

Inicio das actividades deportivas, culturais e musicais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que as actividades deportivas, culturais e musicais comezarán a partir do martes 2 de novembro, de acordo cos días e horas establecidas na solicitude.

Para o público infantil e xuvenil poranse en marcha as actividades e Manualidades 1, Psicomotricidade 1 e 2, Predeporte 3, Multideporte 1 e Multideporte ESO 2. O resto de actividades manterán a inscrición aberta para completar grupos mínimos.

No que ten a ver coas actividades dirixidas a persoas adultas, poranse en marcha as actividades de Bolillos (Laraxe e Lavandeira), Corte e Confección (2 grupos en Laraxe, 1 nas Viñas), Ioga (2 grupos), Pádel, Ximnasia terapéutica, Pilates (3 grupos), Tenis e Ximnasia Pélvica e Hiprosiva.

Share.

Comments are closed.