Inicio da campaña anual de loita contra a velutina

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de servizos do Concello de Cabanas iniciará o mércores 12 de abril a campaña anual de loita contra a vespa velutina, co reparto de trampas e líquido atraínte.

O reparto de trampas farase previa cita no teléfono 674 274 680. As persoas que ademais da trampa desexen recoller líquido atraínte, deberán achegarse cun recipiente para poder recollelo.

Retirada de niños a través do 012

O Concello de Cabanas ten asinado un convenio de colaboración coa Xunta, polo cal esta última, a través do SEAGA, encárgase da retirada ou neutralizado dos niños de vespa velutina. Deste modo, as persoas que detecten a presenza de niños, deben dirixirse ao teléfono 012 para trasladar o aviso.

Share.

Comments are closed.