Un total de 26 persoas maiores do concello de Cabanas veñen de iniciar as actividadesde benestar emocional desde a casa do programa Envellecemento Activo.
Unha vez realizada unha diagnose da situación deste colectivo e analizadas as súas necesidades, deseñouse un material de estimulación cognitiva e física para traballar nos propios fogares co seguimento e apoio dunha profesional especializada en procesos de dinamización do benestar comunitario.
As actividades conteñen propostas sinxelas e atractivas de exercicios e dinámicas para estimular ás participantes a todos os niveis (cogntivo, físico e emocional). Ademais tamén inclúen accións de estimulación asociados á recuperación e divulgación da memoria colectiva, no que se fará unha recollida dos saberes relacionados coa cultura popular ou a historia do lugar das persoas participantes.