Infórmate das posibilidades do cooperativismo para a creación dunha empresa

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Coruña é unha provincia que aposta polo cooperativismo, con máis de 600 cooperativas en todo o territorio, nos sectores máis diversos e cunha presenza moi importante na economía. É das provincias galegas onde hai un maior número, aglutinando preto do 40% das 1.600 activas en Galiza.

O dinamismo cooperativo reflíctese nunha importante diversidade, existindo cooperativas en moitos sectores e representando unha saída laboral e vital apta para persoas que viven tanto nas cidades como nas áreas rurais ou vilas medianas e pequenas.

As cooperativas sonunha opción cada vez máis estendida entre a xente nova, conectando mellor cun enfoque de traballo participativo, creativo, flexible e actual. É por iso que as iniciativas  empresariais máis innovadoras e mellor adaptadas optan cada vez máis polo modelo cooperativo, que favorece o enfoque necesario para emprender.

Representamos outra forma de ver a vida, asumindo unha serie de valores irrenunciables para a sostibilidade: traballo de calidade, respecto medioambiental, intercooperación, etc. Unha proposta que respecta os ritmos e as necesidades das persoas socias e traballadoras. Un modelo en consonancia coa propia vida, que pon os dereitos por riba dos beneficios.

Se estás en proceso de creación dunha empresa ou queres formar unha cooperativa, desde EspazoCoop están a desenvolver unha campaña informativa en colaboración coa Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.