Información vs. desinformación: obradoiros online sobre “fake news”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que a través do ClubUE de Europe Direct A Coruña estanse a ofrecer obradoiros online relacionados coa desinformación e as fake news, englobados baixo o título Información vs, Desinformación. Están dirixidos a persoas socias do ClubUE, un espazo para unir a mozas e mozos de entre 18 e 30 cun lazo común: o interee por coñecer, aprender e participar das oportunidades que ofrece a Unión Europea.

O próximo día 25 de febreiro, xoves, ás 16 horas, terá lugar o taller Cres todo o que les nas redes #UERadarBulos, impartido por Maldita.es para a verificación de novas falsas sobre a Unión Europea. Esta é unha iniciativa da rede estatal de centros Europe Direct e que conta tamén coa participación da representación da Comisión Europea en España.

O último obradoiro está pensado para que a mocidade aprenda a protexerse da desinformación. Baixo o título Que non che coen ni nun bulo!, estará impartido pola CEO de Pekecha, Verónica Ramallal, quen ensinará a detectar información na rede. Será o xoves 4 de marzo ás 16 horas.

Para participar nestas formacións, que teñen prazas limitadas, é preciso formar parte do ClubUE e anotarse na seguinte ligazón:

Ligazón | Páxina de inscrición

Share.

Comments are closed.