Xoves, Outubro 10

Información sobre os programas e obradoiros de emprego

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, en colaboración cos concellos de Fene, Ares, Mugardos e Neda, promove o programa dual Reinicia VII orientado a persoas desempregadas. Iniciarase o próximo 15 de decembro, e está destinado a  persoas desempregadas maiores de 18 anos co obxectivo de mellorar a súa capacitación profesional e, por tanto, incrementar as posibilidades de acceso ao mercado laboral.

Ofértanse 20 prazas, repartidas a partes iguais entre as dúas accións formativas que se van impartir, unha centrada na atención sociosanitaria a dependentes e outra sobre traballos de carpintaría e moble.

Este proxecto cota co financiamento da Consellaría de Economía, Emprego e Industrisa do Ministerio de Traballo e Economía Social, a través do Servizo Público de Emprego Estatal, cunha achega de 354.446 euros.

Artabroemprende

Por outra banda, Cabanas, en colaboración cos concellos de Pontedeume, Miño, Paderne e Monfero, organiza un novo obradoiro sobre “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” e  de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”. Poderán acceder a estes obradoiros 20 persoas.

Neste caso, o importe desta subvención é de 346.946 euros.

Share.

Comments are closed.