Martes, Setembro 27

Información sobre o Bono Coidado

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa ás familias de que o prazo de solicitude do Bono Coidado estará aberto até o próximo 30 de setembro.

Trátase dunha axuda da Xunta de Galiza para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro  de 2022. As persoas beneficiarias son as nais, pais ou persoas titoras de nenas e nenos de até 12 anos de idade – incluídas – ou as persoas que teñanen situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan en Galiza.

Os requirimentos son os seguintes:

  • Menores de 13 anos.
  • Que ambas nais, pais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais cou nais / pais con custodia compartida, estean efectivamente traballando (para outras situacións, consultar as bases da convocatoria).
  • Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir os requirimentos no artigo 10 da Lei 9/2001, do 13 de xuño.

Máis información | BS412A – Xunta de Galiza

Share.

Comments are closed.