Sábado, Abril 20

Información sobre axudas para persoas autónomas, microempresas e PEMES

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que a Deputación da Coruña ten aberto o prazo de solicitude de axudas destinadas a persoas autónomas, microempresas e PEMES de concellos da provincia, cun orzamento de máis de 5 millóns de euros, e repartidos en varios programas:

  • PEL-Emprende Investimento.
    • Dirixido a empresas con menos de 5 anos de actividade.
    • Axudas para investimento en maquinaria, mobiliario, equipos para proceso de información e aplicacións informáticas.
  • PEL-Emprende Autónomas/os.
    • Dirixido a persoas autónomas con menos de 5 anos de actividade.
    • Sufraga un ano de cotas á Seguridade Social.
  • PEL-PEMES Creación e Ampliación.
    • Destinadas a empresas con domicilio fiscal en municipios de menos de 20.000 habitantes, como Cabanas.
    • Subvención do 70% do custo de soldos e seguridade social durante un ano.
  • PEL-PEMES Mantemento.
    • Orientadas a empresas beneficiarias de PEL-PEMES Creación e Ampliación 2020.
    • Subvención do 50% do custo de soldos e seguridade social durante o 2º ano de contratación.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto até o próximo 15 de abril ás 14 horas.

Bases da convocatoria | BOP da Coruña

Share.

Comments are closed.