viernes, diciembre 13

Información ampliada sobre as restricións que se aplican en Cabanas polo peche perimetral

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Á vista do preocupante aumento no número de casos por COVID-19 en Cabanas, 30 no día de hoxe cunha incidencia acumulada 823), a Consellaría de Sanidade estableceu novas restricións que se aplicarán no noso concello desde as 00.00h deste venres 15 de xaneiro.

As principais medidas son as seguintes:

– Cabanas queda pechada perimetralmente. Non se poderá entrar ou saír do termo municipal, agás por causa xustificada (traballo, educación, coidado de persoas dependentes ou menores, acceso a servizos ou compras básicas que non se poidan facer na propia localidade…).

– Hora de recollida. Adiántase a hora de recollida, que será de 22.00 a 06.00h.

– Hostalería. Bares, cafetarías, restaurantes e outros negocios de hostalería non poderán servir no interior, só na terraza con limitación de aforo e máximo até as 18.00h. Estará dispoñíbel o servizo a domicilio até as 00.00h.

– Comercio. Establécese a hora máxima de peche ás 21.30h.

– Xuntanzas con outras persoas: As xuntanzas poderán ser dun máximo de 4 persoas, convivintes ou non.

– Actividades deportivas grupais. Grupos de máximo 4 persoas.

Medidas extraordinarias a nível local

O goberno local reuniuse esta mañá para valorar as restricións aplicadas pola Xunta e actualizar os protocolos de actuación que se levarán a cabo a nível municipal durante o peche.

Entre estas medidas inclúese a ampliación das medidas de limpeza e desinfección, e cambios na atención ao público, que serán comunicados nun bando que se publicará nas próximas horas.

Solicitude á Xunta 

Tras o anuncio das medidas por parte da Xunta de Galicia, onte á tarde os alcaldes de Cabanas e Pontedeume mantiveron conversas para analizar en conxunto a situación de ambos concellos, que comparten un elevado número de servizos, completando entre os dous a oferta que non hai nalgún deles (banca, notaría, farmacias de garda…).

Nestas conversas, valorouse que o paso de veciñanza entre un e outro municipio para realizar xestións esenciais, complicaría as tarefas de control, obrigando a aumentar de forma considerábel ditos controis entre ambos municipios para evitar que determinadas persoas aproveiten este feito para moverse sen xustificación, e tamén causando retencións na Ponte de Pedra.

Á vista desta circunstancia, ambos concellos trasladaron esta inquedanza aos responsábeis sanitarios para valorar o tratamento de ambos concellos como unha “améndoa”. Desde a Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol deuse traslado desta proposta á Secretaría Xeral da Consellaría de Sanidade, que se comprometeu a estudala.

Share.

.