Inauguración do obradoiro de emprego “Reinicia VII”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Esta mañá inaugurouse o Obradoiro de emprego REINICIA VII, onde asistiu o alcalde de Cabanas, Carlos Ladra Brage xunto aos alcaldes de Ares, Fene, Neda e unha concelleira en representación do alcalde de Mugardos.

Son un total de 20 alumnas e alumnos que participaran nas especialidades de:
Traballos de carpintería e moble.
Atención sociosanitaria e persoas dependentes en institucións sociais.

O período dos obradoiros será de 9 meses, onde terán contidos teóricos e practicos, que realizarán nos diferentes concellos participantes. Durante este período, o alumnado terá un contrato de formación e aprendizaxe.

Share.

Comments are closed.