Inauguración da exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado venres tivo lugar na Avenida do Areal a inauguración da exposición fotográfica “Rostros da memoria. Ferrol 1972“, do artista e académico de Belas Artes Xurxo Lobato. A mostra, que se poderá visitar até o próximo 8 de decembro, amosa 30 retratos das persoas protagonistas dos sucesos do Dez de Marzo do 72 que aínda nos acompañan, e que representan ás vítimas da represión franquista por aqueles feitos, dos que agora véñense conmemorando o 50º aniversario.

No acto inaugural participou o autor da exposición, Xurxo Lobato, xunto co alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, o tenente alcalde, Iago Varela, e as concelleiras Concepción Rodríguez e Paula González, así como representantes das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democráctica, que colaboraron na organización, xunto coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que auspicia esta exposición itinerante en espazos públicos de cada concello.

As persoas protagonistas desta mostra son Rafael Pillado, José Villar Vergara “Pepolo”, Francisco Rodríguez Sánchez, Anxo Ferreiras Currás, Suso Díaz, Ignacio Fernández Toxo, Irene Piñeiro López, Antonio Mesejo, José Luis Miraz “Pepe Julio”, Fina Piñón Seoane, Divina García Ferreño, Encarna Puentes García, Ramiro Tenreiro Pena, Manuel Díaz Montero, Fermín Goiriz Díaz, Ramiro Romero López, Fina Varela Fontán, José Loureiro Fernández, Xan María Castro, Alfonso Tellado, Evaristo Vidal Barros, José Torregrosa, Alfonso Couce Testa, Sari Alabau, Joaquín Rodríguez Castro, Raúl Pillado, Ricardo Aneiros Sixto e Antonio Martínez Aneiros.

Fotos: Bea Rascado e Xurxo Lobato

Share.

Comments are closed.