O pasado venres tivo lugar a actuación de Fracanapa, o dúo formado pola violinista alemá Susanne Hofmann e o bandoneonista arxentino Matías González, veciño de Cabanas desde hai uns meses, e un dos valores actuais do tango arxentino, con concertos por todo o mundo.
As persoas asistentes puideron disfrutar dunha actuación que tivo o tango como eixe principal, coa interpretación que combinaron pezas barrocas de Bach, o jazz de Charly Parker ou os ritmos brasileiros de Egberto Gismonti, fusionando estes estilos cun colorido e estilo particular, creando músicas capaces de transmitir un espírito que vai desde o sentimento da nostalxia até unha fonda vontade de vivir.