Sábado, Outubro 23

“Hello, Europe!”, dúas xornadas sobre ferramentas europeas para a mobilidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que Europe Direct A Coruña organiza as xornadas “Hello, Europe! Ferramentas europeas para a mobilidade”, uns espazos destinados á mocidade interesada en homologación de títulos e acreditación de competencias profesionais a nivel europeo. Celebraranse dúas xornadas online:

– 29/09/2021: Europass. O Portal Europass conta con ferramentas para crear CV e cartas de presentación. Permite recibir suxerencias de emprego e aplicar a elas.

– 06/10/2021: Naric. A Rede NARIC ofrece información sobre os procesos de homologación, equivalencia e recoñecemento profesional en España e noutros países, no ámbito da Educación Superior.

Neste enlace está toda a información do curso, e neste outro o acceso directo á inscrición.

Share.

Comments are closed.