Grande interese por Cabanas na feira Turexpo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Cabanas participa na Feira de Turismo Turexpo, que se está a celebrar durante esta semana no Recinto Feiral de Silleda, onde as visitantes poderán coñecer as propostas turísticas de Cabanas no stand da Deputación da Coruña.

No marco desta feira internacional, o tenente alcalde e responsible de turismo, Iago Varela, e a técnica da área, María Taibo, mantiveron na mañá de hoxe encontros con turoperadores de España, Francia, Portugal, Italia, Irlanda e San Marino interesados en coñecer a oferta turística de Cabanas para a formulación de propostas e paquetes comerciais dirixidos a un público que busca experiencias en espazos naturais.

“O traballo destes últimos tres anos para diversificar e desestacionalizar a oferta turística de Cabanas está a dar os seus froitos, espertando o interese por coñecer o noso territorio e por poñer en marcha novos negocios vencellados ao sector” sinalou Iago Varela tras os encontros. “Os nosos contactos centráronse en touroperadores que promoven modelos de turismo activo, turismo concienciado ambientalmente ou que promoven o chamado turismo slow, o que nos permite diversificar a nosa oferta”, concluíu.

As Fragas do Eume, a tranquilidade da costa, a gastronomía e as posibilidades do Centro de Interpretación do Medio Mariño que entrará en funcionamento a mediados de mes foron algúns dos recursos expostos por Cabanas nesta edición de Turexpo.

Share.

Comments are closed.