Aberto o prazo de inscrición para os campamentos “Cabanas Concilia”

O Concello de Cabanas, a través da área de servizos sociais, vén de abrir o prazo de inscrición para o campamento de verán Cabanas Concilia, que se celebrarán nos meses de xullo e agosto, sempre e cando haxa un mínimo de 10 persoas inscritas.

“Este programa permite que as nenas e nenos entre 3 e 12 anos de idade poidan divertirse e desenvolverse a diversos niveis (emocional, educativo, social....) durante o período de vacacións, mentres as familias se benefician dun recurso que lles permite conciliar a súa vida persoal, laboral e familiar”, sinalou a concelleira de servizos sociais, Diana Rodríguez.

Debido á situación epidemiolóxica da COVID-19, este ano será necesario acreditar a necesidade de conciliación para poder optar a unha das prazas ofrecidas nos campamentos.

As persoas interesadas en apuntar ás súas crianzas deben presentar por rexistro (presencial ou telematicamente) a ficha de inscrición [pódese descargar a continuación], ademais do DNI da persoa titora, DNI ou libro de familia da crianza, tarxeta sanitaria da crianza e xustificante da necesidade de conciliación (do centro de traballo, centro de formación ou similar). Os prezo serán de 40 euros / quincena ou 65 € / mes.