Inicio

Cabanas contratará dez persoas para a limpeza de praias
  • Xoves, 02 Xullo 2020

 Concello de Cabanas anuncia a contratación de dez persoas dentro do Programa de Limpeza de Praias da Deputación da Coruña para a realización de traballos de limpeza e mantemento na zona da Praia e Piñeiral da Madalena, ademais das praias de Chamoso e Río Castro.

Trátase de dez contratos ao 75 % da xornada, cunha duración de tres meses e unha retribución de 831,25 € mensuais, incluído o rato de pagas extra.

Merca en Cabanas: bases e listado de de establecementos participantes
  • Mércores, 01 Xullo 2020

Como xa adiantamos hai uns días, vense de pór en marcha a campaña "Merca en Cabanas", unha proposta de promoción económica para potenciar o consumo e comercio locais. Coas compras que realicedes entre o 1 de xullo e o 31 de agosto nos establecementos participantes, poderás gañar vales para mercar no noso concello durante o outono.

Cales son os premios?

Facendo as túas compras e consumos en Cabanas poderás gañar

Convocatoria fase oposición para a praza de persoal técnico de turismo
  • Martes, 30 Xuño 2020

De conformidade co establecido no punto 9.2. das bases da convocatoria para a provisión dunha praza de persoal técnico Turismo (BOP nº 76, de data 29 de maio de 2020), convócase ás persoas aspirantes para o desenvolvemento das probas da fase de oposición, que terá lugar o mércores 1 de xullo de 2020.

Páxinas