Sábado, Agosto 20

Fronte común de once concellos do Eume, Ferrolterra e Miño para exixir á Xunta que o transporte de viaxeiros e escolar recuperen de inmediato as liñas e horarios que tiñan ata hai un ano

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un total de once concellos de Eume e Ferrolterra, ademais de Miño, reuníronse esta mañá no Concello de Pontedeume para falar da problemática do transporte público de viaxeiros por estrada e o escolar, esixindo á Xunta de Galicia “que recupere de forma urxente as liñas, horarios e frecuencias que tiña ata hai un ano”.  En concreto, na xuntanza participaron representantes dos concellos de Ferrol; As Pontes; Miño; Pontedeume, Naron; Cabanas; Ares; Monfero; Fene; Neda, e A Capela. Todos eles lamentan “a actitude e o desleixo hacia a nosa comarca da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia nun tema tan importante como o transporte público por estrada”.  Os problemas comezaron en xaneiro de 2021, cando entrou en servizo o novo contrato e o cambio de empresa adxudicataria. “Recentemente realizouse unha auditoria, é todo tan esperpéntico que o documento coas liñas enviado pola Xunta non coincidía co plan de traballo exposto pola empresa”, apuntan.  Os concellos apoian todas as críticas da plataforma de afectados e tomarán novas medidas de presión “se non chegan solucións nos próximos días para poñer fin a uns problemas que afectan a milleiros de veciños e veciñas”.  “Son moitas deficiencias, a situación é lamentable e empeora cada mes, continuaremos cun seguimento exhaustivo do problema, xa que o servizo a día de hoxe é totalmente insuficiente”, afirman.  Por último, os alcaldes dos concellos afectados lamentan “un novo problema para unha comarca xa moi castigada e todo comezou cun pliego para a contratación que non se axustaba á realidade; é a Xunta a que ten que facer algo de forma inmediata porque é a que ten as cometencias”.

Share.

Comments are closed.