Formación do Plan Integrado de Emprego en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Cabanas acolleu esta semana unha parte da formación do Plan Integrado de Emprego (PIE) que promove a Mancomunidade, en colaboración con concellos como o de Cabanas. Trátase dun proxecto de 12 meses de duración dirixido a mulleres, e cuxo obxectivo principal é mellorar a súa empregabilidade e inserción laboral.

Durante tres días, un total de seis mulleres acudiron a unha formación sobre competencias informáticas orientadas á busca de emprego, que se desenvolveu na aula de informática coa que conta o Concello de Cabanas.

O tenente alcalde e concelleiro de emprego, Iago Varela, visitou ás participantes na formación para coñecer o seu grao de satisfacción coas actividades do PIE, e trasladarlles o compromiso do Concello de Cabanas coa formación como ferramenta fundamental na busca de emprego.

O Plan Integrado de Emprego conxuga accións individuais co persoal técnico do programa (que inclúe orientación laboral, asesoramento, itinerarios personalizados de inserción…) con accións formativas cualificantes (atención sociosanitaria, administración, comercio, loxística, peixaría, carnizaría…), como de tipo transversal (preparación de competencias chave, informática, idiomas, talleres de busca de emprego, de entrevista…).

Share.

Comments are closed.