Formación avanzada en competencias dixitais para mulleres de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Logo do éxito do curso básico do proxecto formativo “Muller Dixital” celebrado o pasado ano, as áreas de igualdade e emprego do Concello de Cabanas colaboran na organización do curso avanzado en competencias dixitais, dirixido a mulleres galegas que se atopan en situación de desemprego.

O novo curso comezará o 9 de febreiro, e avanza nos contidos tratados na formación básica, e se estrutura en corenta e cinco horas de formación, corenta sobre contidos dixitais e outras cinco horas dun módulo transversal de igualdade de oportunidades.

Para garantir o acceso nas mesmas condicións ás formacións, as usuarias recibirán unha tablet coa que poderán quedar ao rematar o curso, sempre  e cando non a tiveran recibido no curso básico.

As interesadas en obter máis información poden chamar ao 881 820 345, contactar por WhatsApp no 621 180 897 ou escribir un correo a info@mullerdixital.gal.

O programa Muller Dixital está financiado pola Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade.

Share.

Comments are closed.