[GL]
Nesta semana remataron os traballos da renovación do pavimento no camiño do Igrexario, en Soaserra, unha estrada municipal con elevado tráfico que presentaba un firme defectuoso.
As obras incluiron a renovación total do aglomerado, nova sinalización vertical e repintado da sinalización horizontal. Esta obra tivo un valor de 39.506,50€ (IVE engadido) que foi financiada polo Concello de Cabanas en base ao POS+2025, da Deputación da Coruña.
Estes traballos na zona súmanse á renovación do aparcadoiro, efectuada en 2024 polo Concello con cargo á subvención de Parques Naturais da Xunta de Galicia, e que permitiu dotar dunha maior accesibilidade, seguridade e capacidade a un lugar de elevado tránsito para iniciar roteiros nas Fragas do Eume ou asistir á Igrexa de Soaserra.
O Concello de Cabanas continúa reforzando a renovación de vías municipais, buscando a mellora en seguridade peonil e rodada, co obxectivo de garantir a comunicación como eixo vertebrador do municipio.
[ES]
Nesta semana remataron los trabajos de la renovación del pavimento en el camino del Igrexario, en Soaserra, una carretera municipal con elevado tráfico que presentaba un firme defectuoso.
Las obras incluiron la renovación total del aglomerado, nueva señalización vertical y repintado de la señalización horizontal. Esta obra tuvo un valor de 39.506,50€ (IVA añadido) que fue financiada por el Ayuntamiento de Cabanas en base al POS+2025, de la Diputación de A Coruña.
Estos trabajos en la zona se suman a la renovación del aparcamiento, efectuada en 2024 por el Concello con cargo a la subvención de Parques Naturales de la Xunta de Galicia, y que permitió dotar de una mayor accesibilidad, seguridad y capacidad a un lugar de elevado tránsito para iniciar rutas en las Fragas do Eume o asistir a la Iglesia de Soaserra.
El Ayuntamiento de Cabanas continúa reforzando la renovación de vías municipales, buscando el avance en seguridad peatonal y rodada, con el objetivo de garantizar la comunicación como eje vertebrador del municipio.
