[GL]
O Concello de Cabanas informa do inicio do período de exposición pública do proxecto para a modificación e mellora do trazado do Camiño Inglés, unha intervención que busca reforzar a seguridade de peregrinos e veciñanza ao crear unha nova senda que evite o contacto directo co tráfico rodado en diversos puntos de perigo, que executa a Dirección de Turismo da Xunta de Galicia.
Esta actuación, que afectará a 930 metros cadrados de percorrido, deseñouse para ter un impacto mínimo no entorno, identificando únicamente unha afección particular de 227 metros cadrados e unha ocupación temporal durante a duración das obras.
Mediante o proceso de exposición pública, o proxecto está a disposición da veciñanza para a súa consulta. O trámite permite que calquera persoa interesada poida coñecer polo miúdo o novo percorrido proposto e presentar alegacións ou suxerencias para que o trazado final responda da mellor maneira posible ás necesidades do territorio, dos seus habitantes e dos peregrinos.
Toda a documentación relativa a esta actuación pódese consultar ao final deste artigo ou no taboleiro da sede electrónica.
[ES]
El Ayuntamiento de Cabanas informa del inicio del período de exposición pública del proyecto para la modificación y avance del trazado del Camiño Inglés, una intervención que busca reforzar la seguridad de peregrinos y paisanaje al crear una nueva senda que evite el contacto directo con el tráfico rodado en diversos puntos de peligro, que ejecuta la Dirección de Turismo de la Xunta de Galicia.
Esta actuación, que afectará a 930 metros cuadrados de recorrido, se diseñó para tener un impacto mínimo en el entorno, identificándose únicamente una afición particular de 227 metros cuadrados y una ocupación temporal durante la duración de las obras.
Mediante el proceso de exposición pública, el proyecto está a disposición del público para su consulta. El trámite permite que cualquier persona interesada pueda conocer al por menor el nuevo recorrido propuesto y presentar alegaciones o sugerencias para que el trazado final responda de la mejor manera posible a las necesidades del territorio, de sus habitantes y de los peregrinos.
Toda la documentación relativa a esta actuación se puede consultar al final de este artículo o en el tablero de la sede electrónica.
DESCARGAS PDF |
Proxecto Mellora do Camiño Inglés
Ficha descriptiva actuación Camiño Inglés
Ficha afeccións particulares Camiño Inglés
