Exposición pública do censo electoral das Eleccións ao Parlamento de Galicia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Decreto 72/2020, de 18 de maio de 2020, publicado no DOG nº 96, de 19 de maio de 2020, establece a convocatoria de Eleccións ao Parlamento de Galicia, a celebrar o día 12 de xullo de 2020.

De acordo co establecido na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, as listas electorais expóñense ao público na Casa do Concello para a súa consultapolas persoas interesadas, aos efectos de presentación de reclamacións, no poeríodo do 25 de maio ao 1 de xuño de 2020.

Prohíbese a información particularizada dos datos persoais contidos no censo electoral, agás ás propias persoas interesadas, non estando permitida a recompilación dos datos existentes por calquera medio, sexa manual, fotográfico, informático ou de calquera outra natureza, baixo a responsabilidades que legalmente viñeran ao caso.

Share.

Comments are closed.