Domingo, Xaneiro 23

Exposición e obradoiro de impresión 3D en Cabanas dirixido á mocidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de xuventude, organiza un obradoiro de impresión 3D dirixido a mozas e mozos de entre 12 e 21 anos, e que terá lugar os días 22 e 23 de decembro no Apeadoiro do Areal.

No marco deste obradoiro organízase unha exposición de maquetas impresas en 3D, e se levará a cabo un relatorio sobre as potencialidades desta tecnoloxía e o impacto nas profesións do futuro. Ademais, as persoas participantes coñecerán o funcionamento dunha impresora 3D e a súa posta a punto, e poderán aprender a preparar os modelos para enviar á imprimir.

“Con esta actividade preténdese achegar a tecnoloxía da impresión 3D á mocidade cabanesa, como unha forma de ocio e tamén como unha ferramenta para descubrir posíbeis saídas laborais”, sinalou o alcalde e concelleiro de mocidade, Carlos Ladra.

As persoas interesadas poden dirixirse ao correo xuventude@cabanas.gal ou ao teléfono 981 495 959 (ext. 6).

Share.

Comments are closed.