Eva Loureiro participou na última xuntanza do Club de Lectura

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A autora Eva Loureiro Vilarelhe participou na última xuntanza do Club de Lectura de Cabanas, celebrada o pasado venres. Filóloga portuguesa de formación e especialista en teoría da literatura comparada, deuse a coñecer como escritora ao publicar unha triloxía de novelas sobre unha saga familiar.

Colabora mensualmente coa emisora COPE Ferrol facendo reseñas de libros, ao tempo que tamén escribe poemas. A finais do ano 2021 veu a luz a súa cuarta novela, na que trata o tema da inmigración ilegal de menores, e neste ano 2023 acaba de publicar a súa quinta novela: “Rojo fuego”.

Bibliografía

  • Trilogía de novelas, en la editorial Caligrama: Predestinados (2016), Cuando las nubes están rosas, es que va a llover (2017) , ¿Cuál es tu sueño? (2018)
  • Los gatos no tienen casa (2021), publicada por Ediciones Eolas.
  • Rojo Fuego (2023), publicada por Ediciones Eolas.

Share.

Comments are closed.