Domingo, Xaneiro 23

Estrea do documental “O valor do non contado”, protagonizado por mulleres de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas estreará este sábado o documental “O valor do non contado”, unha peza audiovisual protagonizada polas mulleres que participaron nos obradoiros organizados pola concellaría de igualdade o pasado mes de setembro. Será nun acto que terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 19 horas.

O documental amosa as actividades e dinámicas nas que participaron as mulleres que acudiron a estes obradoiros, ao tempo que tamén revela as entrevistas persoais sobre as súas vidas, co fin de dar visibilidade e recoñecemento ao papel da muller na vida de Cabanas.

No acto deste sábado, ademais de proxectarse o documental, haberá un pequeno coloquio coas autoras do mesmo. Para acudir ao mesmo non é preciso reservar entrada, xa que o acceso é libre até completar o aforo.

Share.

Comments are closed.