Sábado, Abril 20

Este sábado iníciase o ciclo “Sábados Teatrais” coa obra “Socorro”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Este sábado, 2 de outubro, comeza o ciclo de teatro “Sábados Teatrais” coa representación da obra “Confinados (Socorro)” a cargo do Grupo de Teatro A Pombiña (SCyR A Pombiña), ás 19h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Cabanas. Trátase dunha comedia de 75 minutos que transcorre nun pequeno hostal de Madrid durante o confinamento que España padeceu por mor da COVID-19.

A obra está escrita e dirixida por Beatriz Couce Calvo, que conta coa colaboración de Renée Picos na dirección de escena e Daniel Pazos Pena como encargado de luz e son. O reparto está composto por Rosa Couce, Puri Mira, Mª Xosé Couce, Juan Manuel Vidal, Fernando Romero, María José Leiras, Betty Couce e Sergio Pazos.

O aforo estará limitado polas restricións sanitarias, e para participar é necesario realizar a inscrición no correo cultura@cabanas.gal, onde se debe indicar o nome e apelidos, número de teléfono e localidade procedencia. De quedar prazas libres, permitirase o acceso libre até completar o aforo.

As seguintes representacións dentro do ciclo de teatro serán as de “Don pero El Emparedado”, do Grupo de Teatro “Donas de Amistad” o sábado 9 de outubro; “Amén”, de Teruca Bouza (Sociedad Amigos del Paisaje Gallego) o sábado 16 de outubro; e “Castrapo”, da compañía Os Náufragos Teatro, o 30 de outubro.

Esta programación inclúese no Programa Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.

Share.

Comments are closed.